Titor de mecanografía Klavaro

Descargar agora a última versión

Código fonte: klavaro-3.02.tar.bz2 (1200 kB)

Se quere obter os paquetes xa compilados ou un «port», vexa nos repositorios do seu sistema operativo. Aquí están algúns:

Windows: Klavaro-2.00c-win.exe (8400 kB)

Versións anteriores: http://sourceforge.net/projects/klavaro/files



Sobre o Klavaro

Klavaro é só outro titorial libre máis de mecanografía (e tamén de balde). Nós tivemos a necesidade de crealo por mor de sentirnos frustrados coas outras alternativas, que baseábanse sempre nuns poucos teclados específicos. Klavaro ten a intención de ser independente de teclados e idiomas, economizando memoria e tempo (e cuartos).

Volver arriba


Características da última versión

As características do teclado son;

  1. Internacionalización: ar bg bn ca cs da de el en_GB eo es eu fi fr gl hu hr it kk ky nb nl pa pl pt_BR ru sl sv te uk ur vi wo zh_CN
    (se quere traducilo a outro idioma, vexa as instrucións para a tradución)

  2. Preparado para empregar disposicións de teclado:

    • "qwerty" (AR; BG; BG_2; BR; BR_abnt2; CZ; EL; EO; ES; EU; HE; IN; IT; JP; KK; NB; PT; SE; TR; UK; UR_crulp; UR_nla; US)
    •  Dvorak (BG; BR; DE_neo2; EO; FR; FR_bépo; TR; UK; US; US_BR; US_ES; US_SE)
    • "qwertz" (CZ; DE; HR; HU; SL)
    • "azerty" (FR; FR_ibook; BE)
    • "jtsuken" (RU; RU_typewriter; UA)
    •  Colemak (US)
    • AlphaGrip5 (US)
  3. Editor da disposición do teclado: permite configurar a disposición das teclas e gardar o resultado nun ficheiro de texto simple. Se o seu teclado non está contemplado enriba, pode crealo vostede. Se vostede precisa facer iso, agradecémoslle que nolo faga saber.

  4. Curso básico: Hay dispoñíbel un tipo de curso básico para memorizar a disposición das teclas. Suponse que é independente da disposición do teclado, a través da xeración de secuencias de caracteres ao chou para seren seguidas polo estudante.

  5. Exercicios de adaptación: estes exercicios usan todas as teclas ao chou, de xeito que vostede pode practicar usando todo o teclado. Eles desenvolven a capacidade de adaptar as súas habilidades de dixitación a calquera tipo de palabra estraña que poida aparecer nalgúns textos.

  6. Exercicios de velocidade: Adquirise velocidade na dixitación cando o entorno xa é ben coñecido, isto é, cando as palabras veñen do propio idioma do dixitador. Por iso estes exercicios están orientados cara a velocidade. E aínda que o seu idioma non teña compatibilidade coa aplicación, vostede aínda pode pode indicar textos en calquera idioma para incluír as palabras contidas nel.

  7. Exercicios de fluidez: Nestes exercicios, traballase coa dixitación de parágrafos completos, con frases que teñen sentido. Non se admiten erros de dixitación: o usuario debe corrixilos coa tecla de retroceso antes de poder continuar. Préstaselle especial atención ao ritmo de dixitación, que debe ser o mais uniforme posíbel. Ao igual que os exercicios de velocidade, para estes tamén se permite cargar calquera ficheiro, con independencia do idioma.

  8. Gráficos de progreso: Na fin de cada exercicio completado, gárdanse algunhas características do seu rendemento e poden seren amosadas graficamente. Así, pódese ver facilmente o progreso (ou regreso) da súa aprendizaxe.

  9. Inclusión doutros textos: Facilidade para importar textos externos para usalos cos módulos mais avanzados (velocidade / fluidez). Pode iniciarse un diálogo habitual de escolla de ficheiros locais do sistema; pódese pegar texto copiado no portapapeis; ou tamén, pódese seleccionar, arrastrar e soltar texto dentro da caixa de entrada na parte inferior da xanela do titorial. Estes dous últimos recursos funcionan, por exemplo, como texto seleccionado no seu navegador, a partires de calquera sitio da súa preferencia.

  10. Competición na Internet: Para o último módulo de adestramento (fluidez), existe un sistema de puntuación para clasificar aos usuarios de acordo coas súas habilidades na dixitación. A clasificación faise só localmente, para os usuarios dunha mesma máquina, ou pode activarse o envío dos datos locais cara un servidor remoto, na Internet, onde serán procesados e estará dispoñíbel publicamente unha clasificación global. O programa funcionaria entón como un xogo «semi-conectado» (semi-online).

  11. Interface gráfica limpa: Ao aprender a dixitar correctamente, non debe distraerse a atención dos exercicios. Polo que non é recomendábel ter ducias de presentadores medindo a velocidade, erros, tempo, etc. nin un teclado virtual flutuando na fronte do estudante: el debe memorizar as posicións das teclas e non facelo visualmente. Por iso, a interface do Klavaro iniciou sendo simple e continuará así por toda a súa vida útil. 29

Volver arriba

Inicio

Sobre o Klavaro

Características

Documentación

Foros

Colaboradores

Tradución

Capturas de pantalla

Repositorio do código



Consello:

Usar Dvorak!

ou Colemak!



Rivais:

Todos os titores (en inglés)



Divertimento:

Klavaro Top10

Proba rápida (Key Hero)

TypeRacer (en inglés)

Logo Klavaro

Català
Čeština
Deutsch
English
Ελληνικά
Euskaraz
Français
Galego
Hrvatski
Magyar
Lietuvių
Panjabi
Polski
Português
Русский

Esperanto


SourceForge.net Logo

Actualizado: 2016-03-17

Validación:

XHTML 1.0 Strict

Dende: 03-04-2005